Lareira da Alen

yantares -ceas & xantares- a chirla come para degustar bos manxares e viandas, rir, falar e festexar detendo o tempo e con total desafogo e liberdade

     
 
                   

Calquera escusa ou motivo é bo para xuntarse en grupo e gozar de yantares -ceas & xantares- a chirla come, degustar bos manxares e viandas, rir, falar e festexar detendo ou tempo e con total desafogo e liberdade. Entroncar os seus eventos grupales coa cociña rural e tradicional de Galicia é unha excelente decisión e unha aposta pola promoción e potenciación de "o noso".

         
  • Como Clube Gastronómico, exercer de anfitrións é a nosa tarefa, orgulos@s de non ter intención de ser ou reconverter o noso traballo a prol da dignificación dos xeitos das Artes Culinarias Tradicionais nun espazo -restaurante ou o que sexa- propio da restauración comercial. Ainda que soe impropio dos tempos mercantilizados nos que vivimos, manter a filosofía fundacional e a ausencia de ánimo de lucro nas nosas iniciativas, e especialmente nas Xornadas Gastronómicas, é unha satisfacción que nos ven sendo recompensada con cousas que non se mercan nin pagan con euros.
  •                
     
     
                     
    | (c) Lareira da Alén 2016 |